Inauguración do III Congreso Euroamericano de Dereito e Política

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

23 de abril de 2019 ás 10:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Ciencias

Edificio Politécnico s/n
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito; Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación; e os directores do congreso e catedráticos Guillermo Suárez, pola Universidade de Vigo, e Edson Alvisi Neves, pola Universidade Federal Fluminense

O campus de Ourense acolle os días 23, 24 e 25 de abril o III Congreso Euroamericano de Dereito e Política. A cita, organizada pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, en co-organización co Programa de Pós-Graduação em Direitos, Instituições e Negócios da Universidade Federal Fluminense de Río de Janeiro, reúne a arredor de 150 investigadores e investigadoras dun e doutro país. Nesta terceira edición o evento céntrase no estudo e análise das institucións xurídicas e políticas dos continentes americano e europeo, pondo unha énfase especial nos recursos que a empresa, como institución social, pode viabilizar para o desenvolvemento humano. A conferencia inaugural, que terá lugar ás 10.15 h, corre a cargo do maxistrado-xuíz e avogado Baltasar Garzón.

Máis información

Nova no Duvi:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/sostibilidade-tema-debate-i-seminario-internacional-democracia-cidadania-estado-dereito

Anótao en:

Add to Calendar 2019-04-23 10:00:00 2019-04-23 10:00:00 Inauguración do III Congreso Euroamericano de Dereito e Política No salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico Facultade de Ciencias Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Programa 724.87 KB