Inauguración do Pont-Up Store

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

20 de setembro ás 11:30

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Praza de España - Pontevedra

Praza de España
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Acto institucional , Feira , Talleres e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No recinto instalado na praza de España

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Tino Fernández, tenente de alcalde do Concello de Pontevedra; Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Consuelo Pérez, vicerreitora de Transferencia; Gloria Blanco, concelleira de Promoción Económica; Gregorio Luís Agís, deputado provincial da Deputación de Pontevedra; Alba Paz, subdirectora de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; Pedro Figueroa, director do Pont-Up Store; José María Corujo, presidente de Aempe; Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra; Jesús Rey, presidente de AJE-Pontevedra; María del Carmen Fernández, directora territorial de Abanca en Pontevedra; Luis Cantón, responsable da Área de Grandes Clientes e Empresas de R; Carlos Hervés, director da agrupación estratéxica Ecobas da Universidade de Vigo, e Teté Vilar, responsable de Emprendemento do Consorcio Zona Franca

36 novas empresas presentan os seus produtos e servizos nos diferentes stands que reúne o espazo central do Pont-Up Store, o evento dedicado ao emprendemento que a Universidade de Vigo promove no marco do Campus Crea, co Concello de Pontevedra como patrocinador principal. Este espazo central será inaugurado ás 11.30 horas e tralo remate do acto terá lugar, entre as 12.00 e as 12.30 horas, unha visita institucional aos diferentes stands.

Un total de 46 novas empresas, seleccionadas de entre 168 candidaturas, presentan os seus proxectos a través das diferentes modalidades de participación dun evento que reúne no seu programa máis de 60 actividades. Agrupadas no Espazo de Desenvolvemento de Competencias e do Ecosistema Emprendedor, Laboratorio Creativo, Espazo Gaming, Espazo de Economía Social e Creativa, Espazo de Igualdade, Espazo de Innovación Social, Tecendo Redes e Espazo de Desenvolvemento de Competencias e do Ecosistema Emprendedor, entre o mércores 18 e este sábado 21 sucédense en diferentes espazos da cidade unha serie de coloquios, obradoiros, presentacións, exposicións ou demostracións, promovidas coa colaboración de máis de 40 entidades, empresas e institucións.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-09-20 11:30:00 2019-09-20 11:30:00 Inauguración do Pont-Up Store No recinto instalado na praza de España Praza de España - Pontevedra Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Programa do Pont-Up Store4.67 MB