Inauguración da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

  • Medios
  • Pontevedra
  • Acto institucional
  • Rolda de prensa - Presentación

Data de celebración:

15 de outubro ás 12:00

Dirixido a

Medios

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Acto institucional e Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

de balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Cunha exposición de obras deste artista e docente

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Xosé Manuel Buxán, decano da Facultade de Belas Artes; Chelo Matesanz, coordinadora da sala; Sara Donoso, comisaria da exposición, e familiares de Manuel Moldes

A sala de exposicións do campus de Pontevedra, antiga Sala X, inicia unha nova etapa baixo o nome de Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, en homenaxe a este artista e profesor da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017. O espazo comeza a súa andaina coa exposición Manuel Moldes. Vieiros na memoria, unha mostra que se detén no interese deste artista polo debuxo e o grafismo aplicados á pintura, que poderá visitarse ata o 15 de decembro.

Este acto inaugural verase precedido pola interpretación dunha peza musical, no exterior da Facultade de Belas Artes, por parte do Grupo da Aula Permanente de Música Tradicional do campus, responsable tamén de pechar o acto.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-10-15 12:00:00 2021-10-15 12:00:00 Inauguración da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes Cunha exposición de obras deste artista e docente Facultade de Belas Artes Universidade de Vigo Europe/Madrid public