Inauguración da Semana CREA
Data de celebración:
22 de abril ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Campus CreaLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Conferencias , Talleres e XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialA programación esténdese ata o venres 25
Asisten: Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra; Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; e Ana Belén Fernández Souto, directora de área do Campus de Especialización Crea
A Vicerreitoría do campus de Pontevedra acolle a inauguración da Semana CREA, unha programación que, baixo o lema de Pensarmos futuros sustentables engloba unha decena de conferencias, mesas de debate e obradoiros que teñen lugar entre o 21 e o 25 de abril en diferentes facultades do campus e noutros espazos da cidade.
Xunto a este acto inaugural, a programación promovida polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, abrangue tamén nesta xornada unha conferencia da investigadora e deseñadora Elisa Palomino e dous obradoiros. Concretamente, este martes terá lugar, no cubo da Facultade de Belas Artes a primeira sesión do obradoiro Materiais sustentables, tradición versus greenwashing, a cargo de Elisa Palomino. Ao mesmo tempo, na sede da asociación Kentada botará a andar o taller Las hierbas que el arrojó, que se estenderá ata o venres.