Inauguración da XVIII Anecafyde

  • Medios
  • Pontevedra
  • Xornadas

Data de celebración:

28 de marzo de 2019 ás 9:30

Dirixido a

Medios

Organiza

Anecafyde

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

de balde

Modalidade

Presencial

Na Vicerreitoría do campus

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra, Anxos Riveiro, concelleira de Deportes, e Ángel Torés, presidente da Anecafyde 

Representantes do alumnado do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de diferentes universidades españolas reúnense, ata o domingo 31 de marzo, no campus pontevedrés, sede da XVIII asemblea xeral da Anecafyde (Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte).

Tralo acto de apertura, na sede da Vicerreitoría do campus, a asemblea traslada a súa actividade á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde se desenvolverán, entre este xoves e este sábado, diferentes talleres, reunións e grupos de traballo, organizados pola Delegación de Estudantes da facultade.

A estas actividades, dirixidas aos preto de 60 asemblearios e asemblearias participantes, súmase nesta primeira xornada, unha mesa de debate, ás 18.00 horas, sobre o futuro da titulación de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, na que participarán Luis Cereijo, profesor da Universidad de Alcalá, e Rafael Martín Acero, docente da Universidad da Coruña, aberta a todo o público interesado.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-28 09:30:00 2019-03-28 09:30:00 Inauguración da XVIII Anecafyde Na Vicerreitoría do campus Vicerreitoría do campus de Pontevedra Anecafyde Europe/Madrid public