Investidura de Jacquelyn C. Campbell como doutora honoris causa

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

20 de xuño de 2018
De 19:00 a 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Politécnico

Edificio Politécnico
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e Jesús Vázquez, alcalde de Ourense

O campus de Ourense acolle a investidura como doutora honoris causa pola Universidade de Vigo de Jacquelyn C. Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, de Estados Unidos. Ela converterase na cuarta muller a na vixésimo oitava persoa en recibir esta distinción por parte da institución académica. O acto celebrarase en Ourense porque a súa proposta de nomeamento foi impulsada desde este campus polo Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Universidade de Vigo, concretamente pola súa profesora María Lameiras. A investidura arrancará ás 18.50 desde o Pavillón I do campus, percorrendo a homenaxeada e autoridades presentes o Paseo da Igualdade deste campus ata o Edificio Politécnico acompañados pola Real Banda de Gaitas de Ourense. O público contará con tradución simultánea do discurso da homenaxeada.  

Anótao en:

Add to Calendar 2018-06-20 19:00:00 2018-06-20 20:00:00 Investidura de Jacquelyn C. Campbell como doutora honoris causa No salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico Edificio Politécnico Universidade de Vigo Europe/Madrid public