IV edición do Día do Mestrado en Enxeñería Industrial, MEI Day

  • Estudantes
  • PDI
  • Vigo
  • Xornadas

Data de celebración:

1 de decembro de 2022 ás 18:00

Dirixido a

Estudantes e PDI

Organiza

Escola de Enxeñaría Industrial

Lugar

Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial

A Escola de Enxeñería Industrial celebra a IV edición do MEI Day (día do Mestrado en Enxeñería Industrial) co obxectivo de reunir aos e ás egresadas e ao alumnado que este curso está matriculados no Mestrado en Enxeñaría Industrial e no Mestrado en Enxeñería Biomédica, para poder compartir e intercambiar experiencias profesionais e de emprendemento.

Nesta edición do MEI Day abordaranse os grandes retos e oportunidades dentro do ámbito industrial e da saúde e nela participarán profesionais que están a traballar en proxectos enmarcados nestes ámbitos: Lorena Rosende, CEO e cofundadora de Merasys, compañía de desenvolvemento tecnolóxico; Óscar Barro Guizán, responsable de I+D+i de Corus Fegoba e profesor asociado da UVigo; Mª Carmen López Pérez, responsable da Oficina de I+D+i de Balidea e membro da Xunta Directiva do Clúster de Saúde de Galicia e Hugo Belerdas Castro, responsable de proxectos de I+D+i de Marine Instruments.

Rematadas as intervencións das e dos relatores, celebrarase unha rolda de preguntas e a continuación as e os participantes compartirán un café.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-12-01 18:00:00 2022-12-01 18:00:00 IV edición do Día do Mestrado en Enxeñería Industrial, MEI Day No salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Escola de Enxeñaría Industrial Europe/Madrid public