LPRO Days
Data de celebración:
26 de abril de 2019De 10:00 a 18:00
Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Escola de Enxeñaría de TelecomunicaciónLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Feira e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialEstudantes da EET presentan os seus proxectos tecnolóxicos
O LPRO Days é un evento para que o alumnado da materia Laboratorio de Proxectos presente os seus traballos nunha feira tecnolóxica na que toda a comunidade universitaria pode coñecer as súas prospostas innovadoras. Ademais, pola mañá o CEIP San Martiño visita a escola e, xa pola tarde, será a quenda de representantes de empresas como Coremain, Everis ou Marine Instruments.
O evento ten lugar no corredor principal entre as torres A e B da escola de 10.00 h a 14.00 horas e de 15.00 h a 18.00 horas.