Mesa de análise sobre os resultados electorais
Data de celebración:
28 de maio de 2019 ás 20:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo , Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Ateneo de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialCoa participación de expertos da Área de Ciencia Política e da Administración
A sede da Vicerretoría do campus acolle unha mesa de debate sobre os resultados das diferentes eleccións celebradas nas últimas semanas, que, baixo o título de O intenso ciclo electoral de 2019, a Universidade organiza xunto co Ateneo de Pontevedra. A mesa que contará coa participación dos investigadores da Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio da Gobernanza G3 Álvaro Xosé López Mira, Enrique Varela, Constantino Cordal e Fernando Martínez, coa tamén investigadora da área Rosa Ricoy como moderadora.