Obradoiro 'Exercicios de prevención e rehabilitación nas lesións deportivas'
Data de celebración:
28 de maio de 2018 ás 18:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Carlos AyánLugar
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
ObradoirosEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialAbrangue un achegamento teórico e práctico
A aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle o obradoiro Exercicios de prevención e rehabilitación nas lesións deportivas, dirixido a complementar a formación neste eido do alumnado do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Impartido por Arturo Martín García, rehabilitador do Burela Fútbol Sala, e dirixido polo profesor Carlos Ayán, este taller aberto a todas as persoas interesadas combinará unha hora de fundamentos teóricos cunha segunda parte centrada en exercicios e rutinas de carácter práctico.