Obradoiros de astronomía 'Astrofamilias'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

26 de maio de 2022
De 17:00 a 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico

Avenida de Beiramar, 55
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Talleres

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico

Achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar. Este é a idea dos obradoiros de astronomía Astrofamilias, unha nova iniciativa posta en marcha pola Universidade de Vigo dentro do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta, que conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.

Para impartir os talleres cóntase coa participación de Ana Ulla, astrofísica e investigadora da Universidade de Vigo, e Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico. Cada un deles farase cargo dun obradoiro de arredor dunha hora de duración. O de Ana Ulla centrarase no funcionamento das estrelas e o de Adolfo García consistirá nunha visita ao planetario na que el exercerá como guía. Divididos en dúas quendas, o grupo 1 visitará primeiro o planetario –de 17.00 a 18.00 horas- e logo asistirá ao taller sobre o funcionamento das estrelas –de 18.00 a 19.00 horas- e o grupo 2 gozará, en orde inverso, destas mesmas actividades.

Para asistir é necesario inscrición previa (todas as prazas xa cubertas).

 

Máis información

Noticia no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2022-05-26 17:00:00 2022-05-26 19:00:00 Obradoiros de astronomía 'Astrofamilias' No Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico Universidade de Vigo Europe/Madrid public