Obradoiros profesionais de Comunicación Audiovisual
Data de celebración:
4 de maio de 2021 ás 16:30Dirixido a
EstudantesOrganiza
Facultade de Ciencias Sociais e da ComunicaciónLugar
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e ObradoirosEntrada:
de balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula 1 de CCSS e da Comunicación
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle entre o 13 de abril e o 11 de maio uns obradoiros profesionais dirixidos a dar a coñecer ao alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual diferentes ámbitos laborais relacionados coa titulación, da man dunha serie de profesionais formados na Universidade. Organizado polo profesor Paulino Pérez co patrocinio do Consello Social da Universidade de Vigo, o ciclo acolle nesta xornada un coloquio sobre produción, a cargo da egresada Silvia Fuentes, responsable de Sétima Producións.
Os obradoiros están abertos a un máximo de 28 asistentes, sendo necesaria inscrición previa no correo electrónico sdfasoc@uvigo.es.