Pontenciencia

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

31 de maio de 2019 ás 11:00 1 de xuño de 2019
De 10:00 a 14:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Concello de Pontevedra e Universidade de Vigo

Lugar

Escola de Enxeñaría Forestal

Campus Universitario da Xunqueira. A Xunqueira, S/N
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Feira

Entrada:

de balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

A EE Forestal acolle a Feira da Miniciencia

Asisten: Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Jorge Soto, vicerreitor do campus; Carmen Fouces, concelleira de Educación, e Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal

A Escola de Enxeñaría Forestal acolle, os días 31 de maio e 1 de xuño, a Feira da Miniciencia, fase final do programa Pontenciencia, na que máis de 350 alumnos e alumnas de primaria de dez colexios de Pontevedra presentan as investigacións que desenvolveron nos seus centros nos últimos meses diante dun comité científico integrado por investigadores e investigadoras das diferentes facultades e escolas do campus. 

Promovida polo Concello e a Universidade e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), Pontenciencia complementa a presentación dos proxectos de investigación coa organización de diferentes actividades de divulgación científica ao longo da mañá. 

Na tarde do venres, entre as 16.30 e as 18.30 horas, terá lugar a presentación dos proxectos de investigación desenvolvidos por alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional, mentres que o sábado presentaranse os proxectos da categoría Ciencia en Familia, completándose a feira coa entrega de premios e diplomas, prevista para o sábado ás 13.30 horas no salón de actos da escola. 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-05-31 11:00:00 2019-05-31 11:00:00 Pontenciencia A EE Forestal acolle a Feira da Miniciencia Escola de Enxeñaría Forestal Concello de Pontevedra Universidade de Vigo Europe/Madrid public