Pontenciencia

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

27 de maio de 2022
De 10:00 a 19:30 28 de maio de 2022
De 10:00 a 14:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Concello de Pontevedra e Universidade de Vigo

Lugar

Escola de Enxeñaría Forestal

Campus Universitario da Xunqueira. A Xunqueira, S/N
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Actividade infantil , Charlas e seminarios e Feira

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Escola de Enxeñaría Forestal

A Escola de Enxeñaría Forestal acolle, os días 27 e 28 de maio, a Feira da Miniciencia, fase final do programa Pontenciencia, no que estudantes de 19 centros de ensino do municipio presentan as investigacións que desenvolveron nos últimos meses diante dun comité científico integrado por investigadores e investigadoras das diferentes facultades e escolas do campus. 

Promovida polo Concello de Pontevedra coa colaboración, entre outros, da Universidade de Vigo, trátase dunha iniciativa financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), que se abre na mañá do venres coa presentación dos proxectos da categoría Ciencia no cole por parte do alumnado de primaria, complementada pola organización dunha serie de talleres. 

A actividade continúa o venres pola tarde coa presentación dos proxectos de estudantes de nove centros de secundaria e complétase o sábado coa defensa dos experimentos desenvolvidos na categoría Ciencia en familia.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-05-27 10:00:00 2022-05-27 19:30:00 Pontenciencia Na Escola de Enxeñaría Forestal Escola de Enxeñaría Forestal Concello de Pontevedra Universidade de Vigo Europe/Madrid public