Premios TFG José Manuel Pérez Canal 2023
Data de celebración:
21 de novembro ás 10:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Ciencias Empresariais e TurismoLugar
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
32004 Ourense
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Asisten: María Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Marta Nóvoa, vicepresidenta da Deputación Provincial de Ourense; María Sol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, e Pilar García, responsable do Departamento de Recursos Humanos do Grupo Hotusa
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebra o acto de entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal 2023 aos mellores traballos fin de grao en Turismo e Administración e Dirección de Empresas do seu alumnado. Previamente, de 09.30 a 10.30 h, o acto contará cunha conferencia de Beatriz Alcalá, enxeñeira industrial e responsable do negocio de hostalaría La Zapatería del Abuelo, titulada Por un modelo hostaleiro pioneiro en Ourense: a táctica e estratexia a seguir para un turismo sostible e de calidade.