Presentación calendario 2025 e exposición 'Mulleres investigadoras en Cintecx'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

29 de xaneiro ás 11:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Cintecx

Lugar

Cintecx

rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

O acto inclúe unha mesa redonda sobre igualdade na investigación

O auditorio do Cintecx acolle a presentación do calendario 2025 e a inauguración da exposición Mulleres investigadoras en Cintecx, actividades que forman parte das accións de igualdade organizadas polo centro con motivo da celebración do 11F, o Día da muller e a nena na ciencia. A iniciativa busca visibilizar ás mulleres investigadoras que traballan neste centro e fano a través dun calendario ilustrado onde as investigadoras contan a súa experiencia, inquietudes e animan as mozas a descubrir o mundo da investigación.

Durante o evento terá lugar a mesa redonda Igualdade na Investigación na que participará a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; a directora da Unidade de Igualdade, Yolanda Rodríguez; a directora de Cintecx, Ángeles Sanromán; a investigadora do centro, Gloria Pena; a directora do IIM-CSIC, Beatriz Novoa, e a coordinadora da Área de Medio Ambiente de Aimen, Luz Herrero.

O acto rematará coa inauguración da exposición 11F Mulleres Investigadoras Cintecx, situada na primeira planta do edificio, onde se amosarán os carteis coas ilustracións das investigadoras do calendario e as súas mensaxes poñendo en valor o traballo da muller na investigación. A exposición permanecerá accesible durante todo o mes de febreiro para todas as persoas que desexen achegarse.

Máis información

Web de Cintecx

Anótao en:

Add to Calendar 2025-01-29 11:00:00 2025-01-29 11:00:00 Presentación calendario 2025 e exposición 'Mulleres investigadoras en Cintecx' O acto inclúe unha mesa redonda sobre igualdade na investigación Cintecx Cintecx Europe/Madrid public