Exposición 'Arredor do Parado'

  • Medios
  • Pontevedra
  • Artes plásticas
  • Exposición

Data de celebración:

27 de novembro de 2020 ás 13:00 31 de decembro de 2020 ás 21:00

Dirixido a

Medios

Organiza

Sala X

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Artes plásticas e Exposición

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Inserida do 30 aniversario de Belas Artes

No marco do 30 aniversario da Facultade de Belas Artes, a Sala X acolle a primeira exposición colectiva do ciclo Arredor do Parado, unha actividade coordinada pola profesora Chelo Matesanz e comisariada pola egresada Iria Vázquez, que conta co patrocinio da Vicerreitoría do campus.

A exposición, que poderá visitarse ata o 31 de decembro, presenta as obras de dez artistas formados na facultade, tanto emerxentes como de consolidada traxectoria. Concretamente, Arredor do Parado reúne os traballos de Alberto Ardid, Iria Cortizo, Rosendo Cid, Sara García, Olmo Cuña, Rosa Neutro, Roi Fernández, Cillas Rodríguez, Berio Molina e Iria Vázquez.

Dada a situación sanitaria, a exposición poderá contemplarse a través das visitas guiadas que se organizarán cada martes ás 12.30 horas, sendo necesaria reserva previa a través do correo electrónico sdfba@uvigo.es.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2020-11-27 13:00:00 2020-11-27 13:00:00 Exposición 'Arredor do Parado' Inserida do 30 aniversario de Belas Artes Facultade de Belas Artes Sala X Europe/Madrid public