Presentación da III Olimpíada Nacional de Teleco e entrega de premios aos mellores expedientes de entrada na EET
Data de celebración:
17 de xaneiro ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Escola de Enxeñaría de TelecomunicaciónLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialAo longo de toda a mañá na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle a presentación da III Olimpíada Nacional de Teleco, acto ao que están convidados todos os docentes e estudantes preuniversitarios inscritos nestas probas, previstas para a vindeira primaveira -aqueles que non poidan asistir presencialmente poderán seguilo en liña.
O acto inclúe, así mesmo, a entrega de premios aos tres mellores expedientes de entrada na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación no curso 2024/2025, galardóns dotados con 2000 euros para cada estudante e que serán entregados por tres empresas da rede ConexiónTeleco: Borgwarner, Technica Engineering e a Cátedra R en ciberseguridade.
Programa previsto:
- 10.00 - 10.15: recepción do alumnado e profesorado
- 10.15 – 10.40: descrición das bases e aspectos relevantes das Olimpíadas
- 10.40 – 11.00: charla informativa sobre a EET
- 11.00 – 11.30: entrega premios aos mellores expedientes de entrada na EET
- 11.30 – 13.00: visita guiada pola EET
- 13.00: peche