Presentación 'Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra'
Data de celebración:
26 de febreiro de 2024 ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Filoloxía e TraduciónLugar
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialMonográfico do Boletín de la Biblioteca de Menéndez Pelayo
O edificio Redeiras acolle a presentación de Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra, último número do monográfico do Boletín de la Biblioteca de Menéndez Pelayo.
A presentación contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor, entre eles, o catedrático da Universidade de Vigo José Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e a catedrática da Universidade da Sorbonne, María Zerari, os dous coordinadores deste volume. Estarán acompañados por Fernando Romo, profesor de Teoría da literatura da Universidade de Vigo; Raquel Gutiérrez, profesora da Universidad de Cantabria e directora do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, e Borja Rodríguez Gutiérrez, presidente da Real Sociedad Menéndez Pelayo.
As persoas interesadas en asistir a través de Campus Remoto deben enviar unha mensaxe solicitándoo a jmontero@uvigo.gal
Máis información
Noticia no Duvi sobre a presentación do monográfico