Presentación do nº4 da Revista Cumieira
Data de celebración:
14 de novembro de 2019 ás 13:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Departamento de Filoloxía Galega e LatinaLugar
rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución
O salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a presentación do nº 4 de Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega (2019), unha publicación de carácter anual, editada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, que ten por obxectivo dar a coñecer traballos dos novos investigadores e investigadoras no ámbito da Filoloxía Galega.
A presentación contará coa participación dos profesores Alexandre Rodríguez Guerra, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, e Xosé A. Fernández Salgado, editor da revista, así como de varios autores e autoras dos artigos publicados neste número.