Presentación do primeiro informe sobre violencias machistas dixitais do Observatorio Stop Machitroles

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

27 de xaneiro ás 11:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo

Lugar

Retransmisión virtual

En liña
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

A través de UVigoTV e, con prazas limitadas, na sede da Deputación en Vigo

Asisten: o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez

A Cátedra de Feminismos 4.0, a través do seu Observatorio Stop Machitroles, presenta o seu primeiro informe sobre violencias machistas dixitais. O acto retransmítese en directo a través da canle Directo 1 de UVigoTV e tamén se pode asistir de xeito presencial á sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17). O aforo é limitado.

Tras a presentación do informe por parte de Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, celebrarase un debate con Elisa García-Mingo, profesora axudante doutora no Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidade Complutense de Madrid, no que posteriormente poderá participar o público. 

Pola tarde, de 16.00 h a 18.00 h, o colectivo Donestech imparte un obradoiro práctico en formato virtual sobre autodefensa dixital feminista con perspectiva de xénero. A través del, as persoas participantes poderán coñecer e combater os distintos tipos de violencias machistas dixitais.

A inscrición no taller pódese facer no seguinte formulario: https://bit.ly/ObradoiroAutodefensaDixital

Programa completo da xornada 

 

Anótao en:

Add to Calendar 2022-01-27 11:00:00 2022-01-27 11:00:00 Presentación do primeiro informe sobre violencias machistas dixitais do Observatorio Stop Machitroles A través de UVigoTV e, con prazas limitadas, na sede da Deputación en Vigo Retransmisión virtual Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo Europe/Madrid public