Presentación dos resultados da XII campaña arqueolóxica na 'cibdá' de Armea

  • Medios
  • Ourense
  • Acto institucional

Data de celebración:

20 de setembro ás 10:00

Dirixido a

Medios

Organiza

Concello de Allariz

Lugar

Castro de Armea

Allariz
32668 Allariz
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Nas escavacións da 'cibdá' de Armea

Asisten: Adolfo Fernández, vicedecano da Facultade de Historia do campus de Ourense e director das escavacións na 'cibdá' de Armea; Cristina Cid, alcaldesa de Allariz; María del Carmen Martínez, directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia; Roberto Pena, xefe de servizo da Área de Arqueoloxía da Xunta de Galicia; Ricardo Bendaña, director de área do campus de Ourense, e un representante da Deputación de Ourense

Visita institucional á 'cibdá' de Armea para coñecer os resultados da XII campaña arqueolóxica de escavacións realizada este verán neste enclave polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. A campaña foi froito dun convenio de colaboración existente entre a institución académica e o Concello de Allariz e contou co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Anótao en:

Add to Calendar 2023-09-20 10:00:00 2023-09-20 10:00:00 Presentación dos resultados da XII campaña arqueolóxica na 'cibdá' de Armea Nas escavacións da 'cibdá' de Armea Castro de Armea Concello de Allariz Europe/Madrid public