Presentación virtual dos resultados finais do proxecto Topacio

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

5 de marzo de 2021 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo e Grupo de Tecnoloxía Enerxética

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

A través do Campus Remoto da UVigo

Acto virtual de presentación dos resultados finais do proxecto Topacio: Tecnoloxías de Optimización da Xestión de Infraestruturas para a Prevención de Incendios Forestais.O seu obxectivo foi desenvolver un sistema de información que, empregando tecnoloxías baseadas en satélites de observación e sistemas aéreos non tripulados, permitise obter información do estado das franxas de vexetación na contorna de vías de comunicación e poboacións. Iniciado en 2018, a iniciativa contou coa participación dos grupos da Universidade de Vigo de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) e de Tecnoloxía Enerxética (GTE); das empresas Extraco, Aeromedia, Conexiona e Sans2; do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e de Feuga. O acceso ao acto é aberto, a través do Campus Remoto da UVigo, entrando no seguinte enlace, en acceso estudantado, pondo o seu nome e a clave W42ZvGSZ.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-03-05 12:00:00 2021-03-05 12:00:00 Presentación virtual dos resultados finais do proxecto Topacio A través do Campus Remoto da UVigo Campus Remoto da Universidade de Vigo Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo Grupo de Tecnoloxía Enerxética Europe/Madrid public