Primavera do Decrecemento. Faladoiro 'Ecoloxía fronte a economía ou ecoloxía fronte ao extractivismo?'
Data de celebración:
23 de maio de 2024 ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Post-Growth Innovation LabLugar
Rúa Manuel Quiroga, 21
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Liceo Casino
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada no Liceo Casino co faladoiro Ecoloxía fronte a economía ou ecoloxía fronte ao extractivismo? As loitas locais de Galiza contra as grandes industrias. Moderado polo investigador da Universidade de Santiago Gonzalo Rodríguez, neste coloquio participarán Antón Masa, da Asociación Pola Defensa da Ría; Isabel García, da plataforma Mina Touro-O Pino Non, e Patricia Gamallo, de Eólicos, Así Non.