Programa de obradoiros Elas Fan CienTec

  • Estudantes
  • Medios
  • Vigo
  • Obradoiros

Data de celebración:

10 de febreiro de 2023 ás 9:15

Dirixido a

Estudantes e Medios

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Campus de Vigo

Leonardo da Vinci
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Obradoiros

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Para celebrar o Día internacional da muller e a nena na ciencia

Para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o campus de Vigo acolle as xornadas Elas Fan CienTec, un programa de obradoiros destinados a rapazas de ensino secundario, organizado por docentes e investigadoras da Universidade de Vigo, xunto coa Unidade de Cultura Científica e da Innovación e a Unidade de Igualdade.

Participan nesta iniciativa o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), con actividades para o IES A Guía e o IES Pedro Floriani; a Escola de Enxeñaría Industrial con obradoiros para o IES Escolas Proval; a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, co IES Illa de Tambo e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, que acollerá a alumnas do IES Ricardo Mella.

Programa completo de actividades

As actividades comezan ás 09.15 horas na EEI e ás 09.30 horas no resto dos centros e desenvólvense en diferentes laboratorios divididos por grupos. (Preguntar nas conserxerías)

Anótao en:

Add to Calendar 2023-02-10 09:15:00 2023-02-10 09:15:00 Programa de obradoiros Elas Fan CienTec Para celebrar o Día internacional da muller e a nena na ciencia Campus de Vigo Universidade de Vigo Europe/Madrid public