Proxección da película 'Donde acaba la memoria' no cine Salesianos
Data de celebración:
3 de setembro de 2021 ás 20:30Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Venezuela, 3
36203 Vigo
España
Tipo de evento
CineEntrada:
4,5€ É necesaria reserva.Modalidade
PresencialO documental de Pablo Romero constrúe o retrato do hispanista Ian Gibson
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; José Montero, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución; Ian Gibson e Pablo Romero
O cine Salesianos acolle a presentación en Vigo a película Donde acaba la memoria, dirixida polo docente e investigador da UVigo Pablo Romero. Donde acaba la memoria marca o final dunha longa viaxe de 50 anos para Ian Gibson, iniciada cando abandonou Irlanda e viaxou a Granada para escribir unha tese sobre Federico García Lorca e que continuaría durante décadas cos seus traballos sobre as miles de persoas asasinadas polo réxime de Franco, e tamén sobre o director Luis Buñuel e o pintor Salvador Dalí.
Rematada a proxección, comezará un coloquio no que participarán o director e Ian Gibson.
Como hai un número limitado de entradas, as persoas interesadas deben enviar o seu nome cos dous apelidos e o número de teléfono á seguinte dirección de correo: promero@uvigo.es