Rederas. II Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas
Data de celebración:
23 de maio de 2024 ás 9:30 24 de maio de 2024 ás 9:30Dirixido a
PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialOrganizado pola UVigo, celébrase os días 23 e 24 de maio
Asisten á inauguración: Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo organiza a segunda edición de Rederas, o Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas. Entre os días 23 e 24 de maio, representantes de institucións académicas de todo o Estado debaten en Vigo sobre as redes sociais como eixes principais da comunicación institucional das universidades e canles imprescindibles para manter unha comunicación aberta e fluida coa comunidade universitaria.
Tras o acto de apertura, a primeira sesión da xornada centrarase nas novas narrativas e tendencias.
As sesións en horario de tarde trasládanse ao edificio Ernestina Otero, no campus de Vigo.
Máis información
https://www.uvigo.gal/es/rederas2024