Semana do Goberno Aberto
Data de celebración:
21 de marzo ás 11:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Facultade de Dirección e Xestión PúblicaLugar
Facultade de Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Conferencias e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialConferencia do director da Axencia Tributaria en Pontevedra
A Facultade de Dirección e Xestión Pública súmase con dúas conferencias á conmemoración da Semana do Goberno Aberto, unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto que ten como principal obxectivo achegar ás administracións públicas á cidadanía.
A actividade ábrese nesta xornada cun relatorio do director da Delegación en Pontevedra da Agencia Estatal de Administración Tributaria, Daniel Gómez Aragón, presentado polo decano, Enrique Varela. Dirixida ao alumnado da facultade, a conferencia leva por título Goberno Aberto: transparencia e colaboración no "actual" futuro das administracións tributarias e pode seguirse tanto de xeito presencial, no salón de graos, como a través da retransmisión que realiza UVigo TV.