Seminario 'Itinerarios para unha investigación e unha educación máis inclusiva'

  • Estudantes
  • PDI
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios

Data de celebración:

4 de xuño de 2018 ás 10:00

Dirixido a

Estudantes e PDI

Organiza

Grupo de investigación CIES

Lugar

Casa das Campás

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Verase completado por unha 'ruta inclusiva' pola cidade

A Casa das Campás acolle o seminario Itinerarios para unha investigación e unha educación máis inclusiva: tecendo redes locais e internacionais, que o grupo de investigación CIES promove no marco do proxecto de investigación  Redes de innovación para la inclusión educativa y social. A coordinadora deste proxecto, a catedrática da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ángeles Parrilla, abrirá este seminario xunto á profesora da Universidad de Sevilla Carmen Gallego cunha presentación titulada Construíndo redes de colaboración para escolas e cidades máis inclusivas.

Tras esta intervención inicial, o seminario acolle ás 11.30 horas a conferencia Políticas económicas de exclusión: o caso do Reino Unido, a cargo do catedrático da Universidade de Oxford Harry Daniels; sucedido, ás 12.30 horas pola conferencia Interconexión entre aprendizaxe, relación e pertenza: algúns datos preliminares, a cargo da catedrática da Universidade de Reading Jill Porter.

O seminario, que continúa pola tarde cun grupo de discusión sobre o proxecto, completarase o martes cunha 'ruta inclusiva' pola cidade de Pontevedra, que abrangue xuntanzas nas sedes de diferentes entidades e institucións participantes no proxecto de investigación. 

Anótao en:

Add to Calendar 2018-06-04 10:00:00 2018-06-04 10:00:00 Seminario 'Itinerarios para unha investigación e unha educación máis inclusiva' Verase completado por unha 'ruta inclusiva' pola cidade Casa das Campás Grupo de investigación CIES Europe/Madrid public