Seminario web 'Digital Identity, Data Privacy & Authentication: A multifaceted overview'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

28 de xullo de 2021 ás 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e atlanTTic

Lugar

Retransmisión virtual

En liña
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

Abordaranse temas como a privacidade e a autenticación de datos

Asisten: Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, e Fernando Pérez, catedrático da Universidade de Vigo, responsable do proxecto AidFork

AidFork, a iniciativa de análise forense do centro atlanTTic da Universidade de Vigo, organiza un seminario en liña aberto ao público para tratar sobre identidade dixital, privacidade e seguridade da información. Aberto ao público en xeral o seminario celebrarase de xeito íntegro en inglés, a excepción da intervención de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, Gain.

A xornada contará cunha mesa redonda aberta, que dará comezo ás 18 horas, na que participarán tres expertos con ampla traxectoria no ámbito da privacidade e da seguridade: Fernando Pérez, catedrático do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo e líder do grupo GPSC de atlanTTic; Frederic Ly, responsable no sur de Europa da empresa norteamericana Jumio, especializada en autenticación e verificación de identidade, e Leonardo Cervera, director da European Data Protection Supervisor (EDPS), a autoridade de protección de datos da Unión Europea.

As persoas interesadas deben conectarse a través do seguinte enlace: https://youtu.be/giXn5WCHvXo (non é precisa clave de acceso)

 

Máis información

Web do proxecto

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-07-28 18:00:00 2021-07-28 18:00:00 Seminario web 'Digital Identity, Data Privacy & Authentication: A multifaceted overview' Abordaranse temas como a privacidade e a autenticación de datos Retransmisión virtual Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións atlanTTic Europe/Madrid public