Sesión ordinaria de Consello de Goberno

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

2 de xuño ás 10:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo e Concello de Vigo

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde

Modalidade

Virtual

A sesión retransmítese en directo para a comunidade universitaria a través de UVigoTV

Sesión ordinaria virtual de Consello de goberno, que por primeira vez toda a comunidade universitaria poderá seguir en directo a través de UVigoTV. Pola súa banda, os membros do órgano de goberno poden asistir de xeito presencial e con aforo limitado para seguir a sesión no Paraninfo do campus vigués.

Un total de 17 puntos integran a orde do día da sesión, destacando a aprobación do conxunto de medidas extraordinarias e urxentes cara á docencia no vindeiro curso. Entre outras cuestións, tamén se abordarán as propostas de celebración de exames presenciais na convocatoria extraordinaria do presente curso; a modificación do calendario académico para o vindeiro curso ou os nomeamentos e prórrogas de profesorado emérito.

 

Asi mesmo, e a petición do colectivo de oposición ao goberno Ideas que suman, na sesión está contemplada unha toma de postura sobre o Programa de transformación á docencia innovadora do SUG, que a Xunta presentou aos reitores e que finalmente optou por retirar ante a forte oposición manifestada por parte de diversos colectivos. “

Anótao en:

Add to Calendar 2020-06-02 10:00:00 2020-06-02 10:00:00 Sesión ordinaria de Consello de Goberno A sesión retransmítese en directo para a comunidade universitaria a través de UVigoTV Campus Remoto da Universidade de Vigo Universidade de Vigo e Concello de Vigo Europe/Madrid public