Sesión ordinaria de Consello de Goberno
Data de celebración:
2 de decembro ás 9:30Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialNa sala Manolo Ramos do edificio Ernestina Otero e a través de Campus Remoto
Sesión ordinaria do Consello de Goberno, que comeza ás 09.30 horas en primeira convocatoria e ás 10.00 horas en segunda, na que se abordarán temas como a Normativa e procedemento para a contratación de profesorado substituto; a modificación da Normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e ás categorías de profesorado permanente laboral e profesorado axudante doutor; modificacións na Normativa, Procedemento, e Efectos da Avaliación da Actividade Docente; as declaracións de interese de verificación/modificación de títulos de grao, máster e programas de doutoramento 2026/2027; o Regulamento de Réxime Interno do Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero ou a Memoria de Responsabilidade Social de 2023.