sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

16 de outubro de 2019 ás 9:30

Data de comezo de matrícula

30 de setembro de 2019 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Internacionalización e Cooperación

Lugar

Edificio Ernestina Otero

Reitoría Universidade de Vigo
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Ata o 18 deste mes en varios edificios do campus de Vigo

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Abel Caballero, alcalde de Vigo, e María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación xunto co Consello Social e a campaña Impórtanos organizan as xornadas sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo os días 16, 17 e 18 de outubro no campus de Vigo (paraninfo do edificio Ernestina Otero). 

O obxectivo é dar a coñecer a Axenda 2030 durante tres días a través de diferentes actividades en torno á economía sostible, as persoas refuxiadas e a crise climática, desde conferencias e obradoiros con entidades sociais ata obras de teatro, un concerto solidario e unha mostra de cociña con produtos de proximidade e tempada. 

Programa completo das xornadas

Dentro da programación, o teatro Vidal Bolaño acolle o 17 de outubro, ás 18.30 h, o concerto solidario de Juancho Marqués. As persoas que desexen asisitir doarán 2 euros a un programa de promoción do dereito á auga en Honduras desenvolvido por Enxeñería Sen Fronteiras.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-10-16 09:30:00 2019-10-16 09:30:00 sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo Ata o 18 deste mes en varios edificios do campus de Vigo Edificio Ernestina Otero Vicerreitoría de Responsabilidade Social Internacionalización e Cooperación Europe/Madrid public