[Suspendida] Docs do mes: 'Honeyland'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

13 de abril ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria e Cine Club Lumiere

Lugar

Concello de Vigo

Praza do Rei 1
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde para a comunidade universitaria. 2€ para o público en xeral Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No auditorio municipal do Concello de Vigo

No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, o Auditorio Municipal acolle a proxección de Honeyland , dirixida por Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov na que se conta a historia da última muller colleiteira de abellas de Europa, Hatidze Muratova, que vive coa súa nai enferma nunha rexión remota dos Balcáns. A súa vida e o seu modo de subsistencia vense alterados coa chegada dunha familia nómade á aldea. A cinta afonda na desaparición dunha forma de vida e evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.

Honeyland acadou dúas nominacións aos Oscar como Mellor Documental e Mellor Película Internacional ademais de gañar premios en numerosos festivais. A cinta proxéctase en VO con subtítulos en español.

Anótao en:

Add to Calendar 2020-04-13 19:00:00 2020-04-13 19:00:00 [Suspendida] Docs do mes: 'Honeyland' No auditorio municipal do Concello de Vigo Concello de Vigo Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria e Cine Club Lumiere Europe/Madrid public