Talleres no Día Europeo da Reanimación Cardio Pulmonar

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

16 de outubro de 2018 ás 11:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Curso

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Co gallo do Día Europeo da Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) a Universidade de Vigo, en colaboración co Sergas, acolle tres obradoiros, nos que poderán participar todos os membros da comunidade universitaria que o desexen, ata completar un máximo de 108 prazas, 36 por cada un dos tres centros nos que se celebran.

Os obradoiros, impartidos por persoal sanitario, inclúen unha formación teórica e a realización de prácticas e desenvolveranse entre as 10.00 e as 12.30 horas na sala de xuntas da EE de Telecomunicación; na aula de graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais. A divulgación das técnicas de soporte vital básico, o recoñecemento dunha parada cardiorrespiratoria, a aprendizaxe da masaxe cardíaca ou as respiracións de rescate, son algunhas das cuestións que se abordarán nos obradoiros.

Anótao en:

Add to Calendar 2018-10-16 11:00:00 2018-10-16 11:00:00 Talleres no Día Europeo da Reanimación Cardio Pulmonar Na sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Universidade de Vigo Europe/Madrid public