Teatro 'Desafógate. Unha aventura acuática'
Data de celebración:
21 de marzo ás 17:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo de investigación RemossLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Actividade infantil e TeatroEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialCon inscrición previa
A sede da Vicerreitoría do campus acolle a última representación da obra de teatro do proxecto do proxecto Desafógate. Unha aventura acuática, que o grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, promove no marco do plan Corresponsables.
Trátase dunha actividade con inscrición previa, dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e aos seus proxenitores, que busca fomentar a prevención do afogamento infantil e as condutas seguras no medio acuático. Faino a través dunha obra de teatro dirixida e interpretada pola actriz e contadora Raquel Queizás, complementada por un taller para aprender a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar.
A actividade conta con entrada gratuíta, previa inscrición na web do proxecto.