Terceira edición do festival científico CinVigo. Ciencia na rúa
Data de celebración:
26 de abril ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
CinbioLugar
porta do sol
36202 VIgo
España
Tipo de evento
FeiraEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Porta do Sol os días 26 e 27
O Cinbio, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, organiza esta fin de semana o festival científico CinVigo, unha iniciativa que busca achegar a ciencia que día a día se fai neste centro ás prazas e rúas da cidade, convertendo a Porta do Sol nun auténtico laboratorio científico do que poida ser partícipe toda a cidadanía. Baixo o lema Ciencia na rúa, o público asistente pode coñecer de preto diferentes proxectos científicos, pero tamén participar activamente en retos, concursos ou actividades divulgativas como a xincana e os obradoiros, estes últimos especialmente deseñados para público infantil.
Programa:
11.00h Apertura da feira científica
11.00h Saída xincana CinVigo Holmes
12.30h Visita inaugural: Abel Caballero, alcalde de Vigo; Ana Ortiz, delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Miguel Correa, director do CINBIO; Diana Valverde, subdirectora do CINBIO; Carlos Nieto, xefe de División de Desenvolvementos de Explotación
13.30h Entrega dos premios xincana CinVigo Holmes
16.30h Minuto de ouro: proxectos ao escenario!
18.00h Minuto de ouro: proxectos ao escenario!
19.00h Peche stands
19.00h Espectáculo Cienceando