VI congreso internacional 'Fugas e Interferencias'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de setembro de 2021 ás 10:00 2 de outubro de 2021 ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo de investigación PE4

Lugar

Centro Galego de Arte Contemporánea

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No CGAC

A Vicerreitoría do campus acolle a inauguración do VI congreso internacional Fugas e Interferencias, o único evento académico centrado na performance que se desenvolve en España, que combina no seu programa conferencias, mesas de presentación de estudos e performances.

Esta VI International Performance Art Conference desenvolverase entre o 30 de setembro e o 2 de outubro na Vicerreitoría do campus e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago. Tras o acto inaugural terá lugar a presentación do programa da súa sexta edición e, ás 11.00 horas, a primeira das súas mesas de comunicacións, titulada A arte e as súas interseccións

Rematada esta, ás 12.30 horas, desenvolverase, na praza situada diante da Vicerreitoría, a performance Abstinencia, a cargo das estudantes de Belas Artes Andrea Dunia Díaz e Xiana Santiago Couce.

Programa do congreso

Anótao en:

Add to Calendar 2021-09-30 10:00:00 2021-09-30 10:00:00 VI congreso internacional 'Fugas e Interferencias' No CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea Grupo de investigación PE4 Europe/Madrid public