Visita do reitor ao Centro de Recursos Educativos da ONCE con motivo do inicio da ABAU
Data de celebración:
12 de xuño de 2019 ás 11:00Dirixido a
MediosOrganiza
CIUG e Universidade de VigoLugar
Rúa de Luis Braille 40
36003 Pontevedra
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo centro realizan a ABAU persoas con discapacidade de toda Galicia
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Iván Area, delegado da Universidade de Vigo na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), e José Ángel Abraldes, director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra
Con motivo do inicio das probas da ABAU (Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade), o reitor da Universidade de Vigo e o delegado da institución académica na CIUG realizan unha visita ao Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra, onde realizan estas probas estudantes con discapacidade de toda Galicia.
O reitor realizará declaracións aos medios ás 11.00 horas na porta do Centro de Recursos Educativos.