XIV Miteu: 'O mundo como vontade'
Data de celebración:
31 de maio ás 21:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Calle de Paio Gómez Chariño, 6
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
TeatroEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Teatro Principal
A programación da XIV Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra continúa coa representación da obra O mundo como vontade, do grupo Cordelia da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Trátase dunha montaxe realizada por Fina Calleja a partir de textos de varios autores, que se presenta como unha "peza sobre a orde e a desorde das cousas e sobre a maneira que temos de percibilas".