Xornada 'Alén das fronteiras: a educación en Brasil e Ecuador'
Data de celebración:
20 de marzo ás 16:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Departamento de Didáctica e Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de VigoLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos Vicente Risco, no cuarto andar do Edificio de Ferro
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle a xornada Alén das fronteiras: A educación en Brasil e Ecuador. A actividade está organizada polo Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo. Coa intervención das profesoras Rejane Amorín, da Universidade Federal do Río de Janeiro (Brasil), e Daysi Karina Flores, da Universidad Nacional de Educación (Ecuador), a iniciativa ten como obxectivo explorar os sistemas educativos e a formación docente en Brasil e Ecuador, promovendo o intercambio de experiencias e boas prácticas para mellorar a educación.