Xornada Biomasa e Desenvolvemento Sostible 2023
Data de celebración:
22 de setembro de 2023 ás 9:40Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo EQ-2Lugar
Rúa Doutor Temes, 1A
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo edificio Politécnico do campus
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle a celebración da Xornada Biomasa e Desenvolvemento Sostible 2023, organizada polo Grupo EQ-2 da Universidade de Vigo. Nesta actividade anual, o grupo quere presentar unha visión xeral das súas liñas de investigación, dos estudos levados a cabo por investigadoras e investigadores formados nel e que actualmente desenvolven o seu labor noutros centros de investigación nacionais e estranxeiros e tamén por outros colaboradores. Nesta edición participarán Beatriz Piñeiro (Sergas), José Mazón (Cepsa), Loretto Contreras (Universidad Andrés Bello) e Jorge Sineiro (USC), que falarán de temas como a estratexia de economía circular do Sistema Galego de Saúde; o refino; a obtención de alimento funcional e biomateriais de algas e a a extracción e propiedades de compostos bioactivos derivados de algas pardas.