Xornada ‘Coñece o campus de Ourense’
Data de celebración:
13 de abril ás 9:45Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de OurenseLugar
Rúa Doutor Temes, 1A
32004 Ourense
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde.Modalidade
PresencialNo salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, e César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense
O xoves 13 de abril o campus de Ourense e as súas facultades e escolas abrirán as súas portas ao alumnado preuniversitario coa celebración da xornada Coñece o campus de Ourense. 500 estudantes de once institutos, principalmente da provincia ourensá, achegaranse a coñecer de primeira man os centros que hai e as titulacións que se imparten neste campus. A xornada arrancará cunha benvida conxunta no salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico, coa participación das e dos responsables académicos e dos centros, e continuará polas diferentes escolas e facultades universitarias.