Xornada ‘Elas Fan TIC’
Data de celebración:
21 de febreiro ás 9:30Dirixido a
Público externoOrganiza
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e Cátedra Indra-UVigoLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Actividade infantilEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación organiza, co apoio da Cátedra Indra-UVigo en enxeñaría e tecnoloxía, a Xornada Elas Fan TIC na que van participar 60 rapazas e rapaces dos colexios vigueses Javier Sensat e San Xosé da Guía. O obxectivo é darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que o estudantado máis novo as poida valorar como unha opción de futuro.
A xornada consistirá nun obradoiro de programación e robótica dirixido por alumnas da EET, e terá o seguinte programa:
De 09.30 a 09.45: benvida (nas bancadas da Escola)
De 09.45 a 11.20: primeiro obradoiro: un grupo irá ao taller de CuteBot (laboratorio ) e outro ao de Códigos (sala de xuntas)
De 11.20 a 11.40: descanso (almorzo nas bancadas)
De 11.40 a 13.10: segundo obradoiro: os grupos intercambian talleres
De 13.10 a 13.30: charla participativa na sala de xuntas e despedida