Xornada 'Falemos de ciencia en igualdade '
Data de celebración:
26 de maio ás 9:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
CinbioLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala 1 do edificio Miralles
Co obxectivo de introducir a perspectiva de xénero na comunicación e na divulgación científica, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, Cinbio, organiza un ano máis a xornada Falemos de ciencia en igualdade. O evento, que terá lugar en modalidade presencial o venres 26 de maio nas instalacións do propio centro, pretende, como destaca a subdirectora do Cinbio, Diana Valverde, “destacar as bondades da comunicación e da divulgación científica, facendo un especial fincapé no uso da perspectiva de xénero e na importancia de visibilizar a muller, fomentando unha comunicación máis inclusiva”.
Programa:
09.00h Presentación autoridades: Águeda Gómez, directoda da Unidade de Igualdade e Diana Valverde, subdirectoda do Cinbio
09.30h - 10.30h - Sesgo de xénero en divulgación científica
Rompendo coas limitacións visibles e invisibles que atopan as mulleres investigadoras na súa produción científica.
Cintia Refojo Seronero - Responsable da Unidade para o Avance da Comunicación Científica da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
10.30h - 11.30h - Por que tan poucas? Visibilizando mulleres ao mando
A importancia da creación de equipos e espazos liderados por mulleres e en postos de maior responsabilidade. Concienciación sobre a importancia dos roles femininos en ciencia.Teresa Piñeiro - Docente e investigadora da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade da Coruña.
11.30h - 12.30h - Impulsando o contido das científicas: ciencia, divulgación e xénero
Concienciación da brecha en base a visibilidade das científicas.
Maider Eizmendi - Profesora do Departamento de Xornalismo da Universidad del País Vasco (UPV/EHU).
12.30h - 13.00h Pausa café
13.00h Mesa Redonda - Situación da muller na ciencia dende a perspectiva de xénero e experiencias persoais