Xornada formativa do grupo de innovación Biofore

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

22 de abril de 2019 ás 10:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo de innovación Biofore

Lugar

Centro Cultural de Pazos de Borbén

Chan, s/n
36841 Pazos de Borbén
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

de balde

Modalidade

Presencial

No municipio de Pazos de Borbén

O grupo de innovación sobre reducción dos custos de tratamentos silvícolas a partir da revalorización da biomasa forestal residual extraída dos mesmos Biofore, que coordina a empresa Letme Soluciones e do que forma parte a Escola de Enxeñaría Forestal, celebra unha xornada formativa en Pazos de Borbén.

A actividade ábrese ás 10.00 horas cunha presentación do proxecto na que participan Érika Martínez, directora de Letme Soluciones e coordinadora do grupo de innovación Biofore; Luis Ortiz, catedrático da Universidade de Vigo; Juan Castro, enxeñeiro do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; Bárbara Álvarez, do departamento técnico de Ecocelta Galicia, e Jesús Martínez, xerente de Sistemas de Desarrollo Integral del Territorio.

Esta xornada formativa verase complementada, a partir das 11.30 horas, por unha visita de campo no monte Ermida, de Pazos de Borbén, na que se realizará unha demostración práctica da unidade empacadora fixteri.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-04-22 10:00:00 2019-04-22 10:00:00 Xornada formativa do grupo de innovación Biofore No municipio de Pazos de Borbén Centro Cultural de Pazos de Borbén Grupo de innovación Biofore Europe/Madrid public