Xornada 'Mulleres que lideran'
Data de celebración:
13 de marzo ás 10:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Cintecx e AimenLugar
rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo auditorio de Cintecx
O auditorio de Cintecx acolle a xornada Mulleres que lideran, unha iniciativa organizada por este centro de investigación da UVigo e polo Centro Tecnolóxico Aimen. Trátase dun encontro que, co gallo do 8M, busca visibilizar o papel das mulleres científicas e promover o liderado feminino na investigación e na tecnoloxía. Ao longo da xornada, diferentes investigadoras de ambas entidades compartirán a súa experiencia na xestión e desenvolvemento de proxectos innovadores.
Para asistir a este evento é preciso inscribirse cubrindo o seguinte formulario antes do 11 de marzo: https://forms.office.com/e/kXKHXBpAuF