Xornada 'Prácticas para a creatividade desde a perspectiva de xénero'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

15 de abril de 2021 ás 16:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo Gies10

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

A través de Campus Remoto

A profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Rut Martínez e o grupo de investigación Gies10 promoven, co patrocinio da Unidade de Igualdade, a xornada Prácticas para a creatividade desde a perspectiva de xénero, dirixida a achegar ao alumnado unha serie de experiencias e prácticas creativas para enfocar a actividade docente desde unha perspectiva de xénero. 

Xunto coa súa presentación, a primeira sesión desta actividade inclúe os relatorios O teatro como ferramenta para o desenvolvemento da igualdade na aula, da investigadora e profesora da UNIR Sara Fernández Aguayo, e La música como herramienta interdisciplinar educar en igualdad, a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Sara Domínguez Lloria.

Aberto ao público, este ciclo de conferencias poderá seguirse de xeito virtual, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, accedendo ao salón de graos virtual da facultade e empregando o contrasinal X4TnvpPg no acceso para estudantado.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-04-15 16:00:00 2021-04-15 16:00:00 Xornada 'Prácticas para a creatividade desde a perspectiva de xénero' A través de Campus Remoto Campus Remoto da Universidade de Vigo Grupo Gies10 Europe/Madrid public