Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

28 de marzo de 2019 ás 10:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Secretaría Xeral de Igualdade e Unidades de Igualdade do SUG

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Conferencias e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos de CCSS e da Comunicación

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle unha nova sesión da Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e as tres Unidades de Igualdade do Sistema Universitario de Galicia organiza nos diferentes campus. 

A xornada abrirase co relatorio A violencia de xénero como construción social contra as mulleres. Como lograr o cambio social?, a cargo da profesora de Socioloxía do Xénero da Universidade da Coruña Belén Fernández, trala que o profesor de Socioloxía da Universidade de Santiago e Compostela Jorge García ofrecerá a conferencia A performance da masculinidade hexemónica: aprendendo a manter os privilexios. A xornada contará así mesmo coa da investigadora predoutoral da Universidade de Vigo Rosana Martínez, quen presentará o estudo Acoso sexual e por razón de sexo no ámbito académico; e da catedrática de Filosofía Carme Adán, que pechará a xornada coa conferencia Podemos previr a violencia de xénero sen vitimizar as mozas? 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-28 10:00:00 2019-03-28 10:00:00 Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade No salón de actos de CCSS e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Secretaría Xeral de Igualdade Unidades de Igualdade do SUG Europe/Madrid public

Documentación

Programa da xornada520.61 KB