Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

26 de marzo de 2019
De 9:30 a 14:00

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Xunta de Galicia

Lugar

Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Susana López Abella, secretaria Xeral de Igualdade e María Isabel Doval, vicerreitora de Responsavbilidade Social, Internacionalización e Cooperación 

A Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a segunda Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e as tres Unidades de Igualdade do Sistema Universitario de Galicia organizan nos diferentes campus. 

A xornada abrirase co relatorio Novas formas de Violencias sobre a Muller á luza do Convenio de Estambul, a cargo da fiscal de Sala de Violencia sobre a Muller, Pilar Martín, posteriormente a profesora de Comunicación Audiovisual da Universidade de Burgos, María Isabel Menéndez, exporá o relatorio A violencia sexual na prensa: de Diana Quer a Laura Luelmo e mentres tanto A Manada. Tras un descanso, o ciclo de conferencias continuará co relatorio Micromachismos: de micro nada. A violencia cotiá na estrutura patriarcal a cargo da profesora de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Guadalupe Jiménez e Teresa Lozano e Zúa Méndez, comunicadoras e cofundadoras de Towanda Rebels serán as encargadas de pechar a xornada coa conferencia Porno y violencia sexual. Entregarase diploma acreditativo de asistencia.

Inscrición de balde en igualdade01@uvigo.es 

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-26 09:30:00 2019-03-26 14:00:00 Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade No salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Xunta de Galicia Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo da xornada519.69 KB